“Tecendo Redes de Apoio”, proxecto de sensibilización e promoción do voluntariado

Gracias á subvención da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, concretamente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que nos foi outorgada a finais do mes de xullo, puidemos levar a cabo o noso proxecto “Tecendo Redes de Apoio” dende abril a outubro de 2020.

Trátase dun proxecto de sensibilización e promoción do voluntariado que ten como obxectivo principal promocionar a importancia do voluntariado nas entidades de carácter social, destacando a súa labor como redes sociais de apoio ao tempo que se favorece a inclusión das persoas con discapacidade intelectual e síndrome de Down a través das novas tecnoloxías.

No proxecto participaron 10 persoas con síndrome de Down e outras discapacidade intelectuais e 5 persoas voluntarias.

O resultado final deste proxecto é un vídeo de sensibilización que visibiliza a importancia do voluntariado e os valores que promove, ao tempo que conciencia a sociedade da importancia e utilidade das redes sociais de apoio.

Para ver o vídeo pulsa no seguinte enlace:

https://youtu.be/JmPkXFR7ggM