Vén a visitar Monforte de Lemos! por Jorge Alcántara

Chámome Jorge e vivo en Monforte.

Monforte é unha cidade que tes que visitar, así que vou a contar que lugares non te podes perder.

Situado no corazón da Ribeira Sacra, Monforte conta co Centro do Viño, un espazo de referencia para estas terras bañadas polos ríos Miño e Sil.

Na cima do Monte de San Vicente encóntrase o Conxunto Monumental de San Vicente do Pino, formado pola Torre da Homenaxe, o Palacio Condal e o Mosteiro Beneditino. Estes dous últimos edificios forman hoxe parte do Parador de Monforte, aínda que os veciños coñéceno como o castelo.

Monforte conta cos restos dunha muralla que conserva, aínda, dúas portas chamadas Porta das Peixerías, que dá paso ao barrio xudio, e Porta Nova.

Unha das cousas que non te podes perder na visita a Monforte é o Museo das Clarisas porque é un dos mellores museos de arte sacro da Península.

As festas de Monforte, celebradas o 15 de agosto en honor á Virxe da Monserrat, son todo un evento cultural no que podes desfrutar de concertos e actuacións gratuítas. Ademais, dende a Ponte Vella e o Castelo lanzan fogos artificiais, un espectáculo de luz e color que non debes perderte se estás por Monforte.

Por debaixo da Ponte Vella pasa o río Cabe, un espazo natural no que podemos acercarnos ás ocas e patos alugando unha barca no parque que che permite desfrutar de Monforte dende outra perspectiva.

Vén a coñecernos, non te arrepentirás!